 Estación de Lugo
Estación de LugoPROPOSTAS DE ESQUERDA UNIDA SOBRE O TREN
  O ferrocarril é o medio de transporte motorizado máis sustentable. Se  comparamos o tren co automóbil e o camión, o tren consume menos enerxía, xenera  menos gases de efecto invernadeiro, produce menos ruido, ocupa menos solo e  ofrece máis seguridade que a estrada a igual número de viaxeiros ou de  mercadorías e a igual percorrido. Un dato: unha doble vía de ferrocarril ten a  mesma capacidade de transporte que 16 carrís de autoestrada, e un tren de  mercadorías de 450 metros transporta o equivalente a 20 camións de grande  tonelaxe.
     Destes datos, evidenciase que para reducir o consumo  enerxético é imprescindible reducir o transporte por estrada (e por avión) e  incrementar o transporte ferroviario.
     Esquerda Unida-IU aposta polo transporte por ferrocarril,  pero non por calquera tipo de transporte ferroviario. Actualmente debemos  distinguir entre dous modelos de transporte ferroviario a "alta velocidade" e a  "velocidade alta". O modelo de alta velocidade debe ser rexeitado porque é un  modelo insustentable, elitista e non dá o servizo social que precisa  Galicia.
     Os trens de alta velocidade realizan un consumo enerxético  desproporcionado e insoportable. O tren AVE que circula entre Madrid e Sevilla a  unha velocidad máxima de 300 km/h e a unha velocidad media máxima de 209 km/h,  ten unha potencia de 8.800 kW. Este tren AVE, con oito coches e dúas cabezas  motrices e que transporta 329 viaxeiros, consume tanta electricidade, medida en  kilovatios/hora, como unha cidade de 25.000 habitantes.
     Con todo, o modelo de alta velocidade para Galicia non é  tal porque, se realmente tivese os apeadeiros que se están a dicir, nunca  acadará velocidades superiores aos 250 km/h que é cando podemos empezar a falar  de altas velocidades.
     Para acadar estas velocidades necesítase moito percorrido  de aceleración para que o convoio alcance a alta velocidade e, por suposto,  tamén para frenalo unha vez acadada as ditas velocidades.
 Deficiencias do tren en  Lugo
     A rede ferroviaria de RENFE en Lugo caracterizase por ter  os seguintes problemas:
 a) As conexións co resto da Península son moi limitadas. Só  quedan dous trens nocturnos: o Estrella Atlántico (que vai a Madrid) e o  Estrella Galicia (que chega ata Barcelona). Os sábados non existe un tren que  conecte Lugo coa Meseta.
 b) Unha rede sen electrificar e sen doble vía.
 c) Unha rede con pendentes pronunciadas; tódalas líñas contan  con pendentes superiores ou iguais a 15 milésimas.
 d) Unha rede salpicada por túneis e pasos a nivel.
 e) Como consecuencia de todo o anterior, trátase dunha rede na  que se desenvolven velocidades reducidas, con tramos nos que a velocidade máxima  non supera os 80 km/h; todo isto penaliza os tempos de viaxe, facendo pouco  atractiva a oferta de transporte de viaxeiros. A modo de exemplo, a velocidade  comercial do servizo máis rápido entre A Coruña e Lugo é de 63 km/h. O servizo  Lugo-Madrid emprega tres horas en saír de Galicia, cun cambio de máquina diésel  a eléctrica en Monforte.
 f) Unha rede especialmente sinuosa, incluso para a media  peninsular, posto que inclúe aproximadamente o 40% das curvas de radio menor ou  igual de 300 m e case o 20% das curvas de radio menor ou igual a 500 m de toda a  rede de RENFE, sendo a súa lonxitude tan só o 7,2% do total.
     Esquerda Unida considera demagóxica as promesas de PSOE, PP  e BNG sobre un tren de alta velocidade que nunca chegará a Lugo; partidos que só  se lembran do tren en campañas electorais mentres defenden un modelo  desarrollista que con base en autovías e infraestructuras megalómanas que  favorecen o crecemento do transporte privado fronte ao público. Incluso é unha  incorrección denominar AVE á alta velocidade, cando é tan só unha marca  comercial que nada ten que ver co que din proxectar.
 PROPOSTAS
 Considerando todo o anterior, Esquerda Unida propón:
 - A construcción dunha liña ferroviaria Santiago de Compostela  - Lugo - Ribadeo. Facilitaría o transporte colectivo reducindo enormemente o  privado, permitiría unha ponte mái s pequena sobre o Miño, ademais do  desenvolvemento turístico unindo os dous Patrimonios da Humanidade que hai en  Galicia.
 - Soterramento das vías na estación do tren.
 - Iniciar o proceso de modernización do tren, electrificando a  liña.
 - Rexeitar o modelo de alta velocidade por ser elitista,  insustentable e non vertebrador do país.
 - Defender e apoiar as políticas e colectivos sociais que, coma  nós, aposten por un ferrocarril público e social, seguro e sustentable.
 - Aplicación das normas para que o transporte de mercadorías  perigosas se realice por ferrocarril.