martes, 19 de febrero de 2008


ISABEL SÁNCHEZ PARTICIPOU NA MANIFESTACIÓN DE GALIZA NON SE VENDE

Unhas 10.000 persoas acudiron á convocatoria do movemento Galiza Non Se Vende para manifestarse contra a destrución do territorio. O acto encheu as rúas de Compostela e a Praza da Quintana na que se leu o comunicado final. Dende hai moitos anos non se lembraba en Compostela unha marcha tan multitudinaria como a do domingo día 17. O ano pasado, o mesmo movemento, denominado Rede Litoral vivo, logrou convocar a 4000 persoas baixo o lema “Galiza non se vende”.



As reivindicacións tiveron como denominador común a defensa do territorio galego, ameazado por innumerabeis proxectos que, lonxe de procurar riqueza, esquilman os recursos naturais. Durante o traxecto, festivo e reivindicativo, os representantes de Burla Negra, paroriando aos membros do goberno, rebautizaron diversas rúas da cidade: rúa do doutor Tojeiro, rúa do Villar Mir, rúa do Bipartito… os asistentes procedían de toda Galiza. Das vilas mariñeiras sobre as que pende a ameaza das piscifactorias; do Courel; Lugo; Ferrol e Mugardos, sempre fieles á cita; Pontedeume; Ortigueira; o Ribeiro e un longo etcétera.

No hay comentarios: