Mostrando entradas con la etiqueta NOTICIAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta NOTICIAS. Mostrar todas las entradas

viernes, 7 de marzo de 2008


MITIN EN LUGO

Hoxe celebramos o mitin en Lugo. Interveu en primeiro lugar a compañeira Paula Ínsua, que explicou as necesidades e propostas fundamentais da Mariña lucense. Continuou Carlos Portomeñe cunha intervención centrada no concello de Lugo e na necesidade de reforma do sistema electoral. A coordinadora nacional, Yolanda Díaz, incidiu nas propostas políticas de EU para Galicia, a política continuista do bipartito galego e a necesidade da presencia da nosa forza alternativa da esquerda no Congreso. Eu fixen un repaso das carencias fundamentais da provincia de Lugo e das propostas programáticas para atallalas, poñendo énfase na necesidade de avanzar na construcción dun estado federal republicano e laico.
Mañá instalaremos a carpa electoral e repartiremos programas na praza de Abastos pola mañán e na praza Maior pola tarde.

miércoles, 5 de marzo de 2008

domingo, 2 de marzo de 2008

Isabel e Carlos Castro

HOXE ESTIVEMOS EN CHANTADA, NA FEIRA DO VIÑO

Hoxe repartimos programas en Chantada, onde se celebraba a Feira do Viño. Visitamos os pabellóns e postos da feira, participamos dun xantar de confraternidade e, como non, tamén degustamos o bo viño chantadino.

sábado, 1 de marzo de 2008


EXPLICANDO O PROGRAMA NA RÚA DA RAÍÑA, EN LUGO

Hoxe sábado instalamos a carpa de Esquerda Unida na rúa da Raíña, onde repartimos o programa electoral. Esta rúa foi chamada durante a II República rúa da Liberdade, pero eses tempos foron truncados por un golpe militar.

Desde EU-IU exiximos que de forma inmediata se cambien os símbolos fascistas así como os nomes das rúas que ensalzan a persoas ou datas que lembran unha etapa que sumiu a nosa sociedade durante corenta anos na barbarie e a represión continuada. E utilizamos o verbo esixir porque o único que teñen que facer é cumprir coa Lei.
Cómpre lembrar para non esquecer. Unha sociedade xusta debe aprender dos acertos e erros do seu pasado. Pero sobre todo, debe asentarse en preservar a dignidade das persoas que, debido a un golpe de Estado e a un mal esquecemento, aínda agardan unha plena reparación de dita dignidade.
Por iso pedimos, entre outros:
· a adhesión do Estado español á Convención da ONU sobre imprescriptibilidade dos crimes de guerra e dos crimes de lesa humanidade.
· a creación do Instituto para a Memoria Histórica, a reconversión do Val dos Caídos nun Centro de Interpretación da represión da ditadura franquista e o traslado dos restos mortais de Franco e Primo de Rivera ao lugar onde propoñan os seus familiares.
· a declaración do 18 de xullo como día oficial de condena á ditadura franquista. Esixencia de que as actuacións de localización, exhumación e identificación das fosas ou enterramentos das vítimas do franquismo se fagan por parte das AAPP.
· a creación unha Fiscalía especializada nas violacións dos dereitos humanos e do dereito humanitario durante a Guerra Civil e o réxime franquista.
· a declaración de nulidade radical de todas as condenas, sentenzas e resolucións ditadas polos tribunais franquistas a proposta da Fiscalía.

viernes, 29 de febrero de 2008


REPARTO DE PROGRAMAS NA FEIRA DE FRIGSA

Hoxe estivemos na feira de Frigsa repartindo propaganda electoral. Falando coa xente poidemos comprobar algo que Esquerda Unida leva tempo denunciando: a perda do poder adquisitivo dos traballadores e traballadoras, a carestía da vida e o aumento do prezo dos productos básicos de consumo diario. Moita xente asegurounos que asiste con frecuencia a este mercado porque os prezos aínda son asequibles e ás veces poden atopar "gangas".
Tamén se percibe a contradicción das persoas que din aquelo de "todos son iguais" e despois votan en tropel aos partidos que lles manteñen pensións indignas ou precarizan o emprego con constantes "contrarreformas laborais".
A este tipo de mercados acude un alto número de persoas maiores, que buscan aforrar o posible para chegar a fin de mes coa súa precaria pensión. De feito, a pensión media na provincia de Lugo é de 478 euros ao mes, 160 euros menos ca no resto do Estado. E sempre falando de media, polo que podemos deducir cal é a cuantía das pensións máis baixas. S
ó o patrimonio en Bolsa do presidente de INDITEX equivale á renda anual dun millón de galegos e galegas. Mentres, o Banco Santander gañou un 19,3% de beneficios netos, 9.030 millóns de euros; Botín di que a economía vai ben pero, para quen?
Só existe unha solución: redistribución da riqueza.

martes, 26 de febrero de 2008

PRESENTACIÓN DOS 20 PUNTOS PARA UN PROGRAMA DE ESQUERDAS.

Hoxe presentamos en rolda de prensa as propostas alternativas de Esquerda Unida. Propostas de traballo nas que intentamos resolver os problemas dos cidadáns e cidadás. Para Esquerda Unida é fundamental que as persoas prevalezan sempre por riba do capital; non somos meros instrumentos nin meros consumidores. Por iso debemos voltar a voz ó pobo e dotarlo dos instrumentos necesarios para facer efectiva a democracia. Para elo desde Esquerda Unida apostamos pola reforma da Lei Electoral, garantindo así a representatividade e proporcionalidade dos resultados electorais. Pero tamén unha lei de Democracia participativa acompañada dun claro fortalecemento do movemento asociativo.

Destacamos algo para nós fundamental cando falamos de igualdade de oportunidades, que é unha fiscalidade xusta é progresiva, reformando o IRPF e redistribuindo a carga fiscal sobre quen gaña máis.

Polo de agora todos e todas dámonos conta dos beneficios que teñen para nós e para o conxunto da sociedade os servicios públicos: educación, sanidade, servicios sociais. Unha sociedade con cidadáns e cidadás formados para exercer os seus deberes e esixir os seus dereitos, unha sociedade sana, unha sociedade que coida dos seus maiores e que abandera a igualdade, será unha sociedade que avanza cara a xustiza e a igualdade, cara á integración dos máis desfavorecidos/as, unha sociedade en definitiva que rexeite todo tipo de violencia, tanto económica como as diferentes manifestacións desta.

Non podemos quedarnos impasibles ante a progresiva privatización do ensino e a sanidade. Pola contra, debemos profundizar na súa mellora e esixir ademáis un ensino laico e de calidade, unha nova Lei de Sanidade e, por suposto, a xestión pública dos servicios públicos.

Destacamos na nosa intervención de hoxe que para nós é urxente un plan contra a precariedade laboral. Que loite polo emprego estable, de calidade e a tempo completo. Queremos que se tipifique como delito o incumprimento sistemático e flagrante da Lei de prevención de riscos laborais. E non renunciamos á reducción da xornada laboral de 35 horas por lei sen reducción salarial.

Ademais, as mulleresos e homes e de EU temos un compromiso co noso entorno, co medio onde vivimos e co planeta. Sabemos que o binomio capitalismo-sostenibilidade é unha falacia. Debemos realizar xa un plan urxente contra o cambio climático e unha lei de aforro e eficiencia enerxética. O peche das centrais nucleares (plan para 25 anos). En Galicia isto pasa pola preservación dos espazos naturais, a recuperacion das rías, a ordenación do litoral e do territorio (apostando por infraestructuras menos dañinas como o tren). Non queremos plantas de gas nas nosas rías, nin furados nos montes debido ás explotacións mineiras; o que si queremos é unha alternativa ecolóxica a este problema.

Ainda que temos moitas máis propostas que seguiremos explicando, este primeiro achegamento fecharíase coa loita pola igualdade de dereitos reflectida nun Estado Federal, Republicano, Solidario e Laico, dotándonos dun instrumento de participación como é o referendo co que decidiriamos a forma política do Estado: Monarquía ou República.

lunes, 25 de febrero de 2008

Isabel Sánchez e Alba cela diante dos Escolapios de Monforte

ISABEL SÁNCHEZ EN SARRIA E MONFORTE

Acompañada doutros integrantes da candidatura e militantes visitei Sarria e Monforte de Lemos. Alí repartimos propaganda e recorremos as rúas das dúas vilas, charlando, dialogando e explicando as propostas programáticas de Esquerda Unida. Poidemos comprobar problemas como o paro, o abandono e a emigración, así como a desarticulación do ferrocarril, que son unha constante no sur da nosa provincia.
Daí que as nosas propostas sobre o tren, ben coñecidas desde hai anos, sobre emprego, para os maiores, entre outras, tivesen unha boa acollida entre a cidadanía. Son aspectos recollidos nos
20 PUNTOS PARA UN PROGRAMA DE ESQUERDAS que o martes 26 presentaremos en roda de prensa.

sábado, 23 de febrero de 2008

PREVISIÓN ACTOS ELECTORAIS SÁBADO 23 DE FEBREIRO

12:30 SARRIA. Isabel Sánchez e outros integrantes da candidatura visitan Sarria e repartirán propaganda polo malecón e outras zonas da vila.

17:00 MONFORTE. Isabel Sánchez e outros integrantes da candidatura visitan Monforte e repartirán propaganda pola rúa Cardenal e outras zonas da vila.

viernes, 22 de febrero de 2008

Isabel Sánchez pegando o cartel de campaña

ESQUERDA UNIDA INICIOU A CAMPAÑA ELECTORAL CON ARTE E COMPROMISO

Esquerda Unida iniciou a campaña electoral cun acto que reuniu a decenas de militantes e simpatizantes na praza do Campo Castelo e no que, ademais da tradicional pegada de cartel electoral, contouse con animación musical e a elaboración dun mural en directo que unha vez máis amosaron o carácter alternativo de EU, que utiliza a creatividade lonxe das campañs mediáticas e o derroche de cartos dos partidos que sosteñen o sistema.

Bárbara pinchando música

A cabeza de lista ao Congreso por Lugo, Isabel Sánchez, pegou o cartel de campaña no propio mural colaborando así cunha obra que reflexa o compromiso de Esquerda Unida na loita contra a especulación inmobiliaria e a defensa do medio ambiente.

Isabel e Pablo diante do mural


miércoles, 20 de febrero de 2008

INICIO DE CAMPAÑA

A PARTIR DAS 23:30 DA NOITE NA PRAZA DE CAMPO CASTELO

UN INICIO DE CAMPAÑA CON ARTE E CULTURA

Instalarase unha carpa con música en directo e DJ
Un artista lucense realizará un mural en directo no que poderán colaborar os/as presentes


PEGADA DE CARTEL

Posteriormente, ISABEL SÁNCHEZ CORRAL, cabeza de lista pola provincia de Lugo, acompañada doutros membros da candidatura, militantes e simpatizantes de ESQUERDA UNIDA, realizará a pegada do primeiro cartel da campaña electoral

martes, 19 de febrero de 2008


ISABEL SÁNCHEZ PARTICIPOU NA MANIFESTACIÓN DE GALIZA NON SE VENDE

Unhas 10.000 persoas acudiron á convocatoria do movemento Galiza Non Se Vende para manifestarse contra a destrución do territorio. O acto encheu as rúas de Compostela e a Praza da Quintana na que se leu o comunicado final. Dende hai moitos anos non se lembraba en Compostela unha marcha tan multitudinaria como a do domingo día 17. O ano pasado, o mesmo movemento, denominado Rede Litoral vivo, logrou convocar a 4000 persoas baixo o lema “Galiza non se vende”.



As reivindicacións tiveron como denominador común a defensa do territorio galego, ameazado por innumerabeis proxectos que, lonxe de procurar riqueza, esquilman os recursos naturais. Durante o traxecto, festivo e reivindicativo, os representantes de Burla Negra, paroriando aos membros do goberno, rebautizaron diversas rúas da cidade: rúa do doutor Tojeiro, rúa do Villar Mir, rúa do Bipartito… os asistentes procedían de toda Galiza. Das vilas mariñeiras sobre as que pende a ameaza das piscifactorias; do Courel; Lugo; Ferrol e Mugardos, sempre fieles á cita; Pontedeume; Ortigueira; o Ribeiro e un longo etcétera.

ISABEL SÁNCHEZ ENCABEZA A CANDIDATURA DE ESQUERDA UNIDA AO CONGRESO POLA PROVINCIA DE LUGO


A Secretaria Nacional de Muller de Esquerda Unida e membro do Comité federal do PCE, Isabel Sánchez Corral, será a cabeza de lista ao Congreso dos Deputados pola provincia de Lugo nas vindeiras eleccións xerais do 9 de marzo.

O resto da candidatura é a seguinte:


ESQUERDA UNIDA-IZQUIERDA UNIDA (EU-IU)

1. MARÍA ISABEL SÁNCHEZ CORRAL
2. CARLOS NOVO PÉREZ-SINDÍN
3. MARÍA SOLIÑA BARREIRO GONZÁLEZ
4. AMARO RODRÍGUEZ CARRETERO

Suplentes
ALBA EXPÓSITO GÓMEZ
ALEJANDRO RODRÍGUEZ ROBLEDILLO
ÁNGEL SEIJAS DIÉGUEZ