REPARTO DE PROGRAMAS NA FEIRA DE FRIGSA
A este tipo de mercados acude un alto número de persoas maiores, que buscan aforrar o posible para chegar a fin de mes coa súa precaria pensión. De feito, a pensión media na provincia de Lugo é de 478 euros ao mes, 160 euros menos ca no resto do Estado. E sempre falando de media, polo que podemos deducir cal é a cuantía das pensións máis baixas. Só o patrimonio en Bolsa do presidente de INDITEX equivale á renda anual dun millón de galegos e galegas. Mentres, o Banco Santander gañou un 19,3% de beneficios netos, 9.030 millóns de euros; Botín di que a economía vai ben pero, para quen?
Só existe unha solución: redistribución da riqueza.
Hoxe estivemos na feira de Frigsa repartindo propaganda electoral. Falando coa xente poidemos comprobar algo que Esquerda Unida leva tempo denunciando: a perda do poder adquisitivo dos traballadores e traballadoras, a carestía da vida e o aumento do prezo dos productos básicos de consumo diario. Moita xente asegurounos que asiste con frecuencia a este mercado porque os prezos aínda son asequibles e ás veces poden atopar "gangas".
Tamén se percibe a contradicción das persoas que din aquelo de "todos son iguais" e despois votan en tropel aos partidos que lles manteñen pensións indignas ou precarizan o emprego con constantes "contrarreformas laborais".A este tipo de mercados acude un alto número de persoas maiores, que buscan aforrar o posible para chegar a fin de mes coa súa precaria pensión. De feito, a pensión media na provincia de Lugo é de 478 euros ao mes, 160 euros menos ca no resto do Estado. E sempre falando de media, polo que podemos deducir cal é a cuantía das pensións máis baixas. Só o patrimonio en Bolsa do presidente de INDITEX equivale á renda anual dun millón de galegos e galegas. Mentres, o Banco Santander gañou un 19,3% de beneficios netos, 9.030 millóns de euros; Botín di que a economía vai ben pero, para quen?
Só existe unha solución: redistribución da riqueza.
1 comentario:
EN ESTAS ELECIONES NI SE OS VE,ANTES DABA MAS GUERRA EL AGUITA AHORA NI SE OS VE,ESTAIS DEJANDO QUE DOS PARTIDOS SE REPARTAN ESPAÑA MAL ASUNTO HAY QUE CURRASELO,O ES QUE PESAIS EN OFERTAS CREO QUE ESO NO ESTA BIEN....
Publicar un comentario