CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Isabel Sánchez
Nun so día da pasada semán morreron asasinadas catro mulleres. Semella que estas catro mortes e as cerca de oitenta que asasinaron o ano pasado non son o suficientemente importantes, non son un problema de Estado para que se trate coa seriedade que se merece. Quizais por esta razón, porque estamos diante dun problema tan importante non fun quen de escribir ata hoxe sobre el. Non se pode ser políticamente correcta pero tampouco quixen parecer electoralista (por principios ideolóxicos isto está fóra do meu pensamento, pero acabamos por non facer cousas pensando o que van pensar os demáis…). A pesares de todo isto, paréceme de tal frivolidade o xeito co que se fala disto que é a miña obriga desgranar certas cuestións.
Despois de catro anos de goberno socialista e de grandes promesas no campo da igualdade de xénero, a realidade é ben distinta á que se prometeu.
Neste período o goberno estivo marcado por grandes titulares e dúas leis bandeira que escenificaron unha tintura violeta das políticas institucionais. Pola contra, estamos a ver a cada paso como isto non supuxo cambio estructural algún, pero o prezo é demasiado duro, xa que por una banda se trata de vidas e pola outra das esperanzas de moitas mulleres de vivir en un mundo de iguais.
Aprobáronse dúas grandes leis: a de igualdade e contra a violencia, e sen dúbida significan un avance nas políticas institucionais. Pero foi máis por aparencia, pola influencia que isto poidera transmitir ao conxunto da sociedade, pola influencia da prioridade política que poidera calar no conxunto dos diversos colectivos sociais, que polos avances ou medidas que realmente se puxeron en marcha. Ademáis é importante resaltar a ausencia de protagonismo e participación que o goberno actual posibilitou ao Movemento de mulleres. Boa mostra diso é a elaboración destas dúas leis, que se realizou de costas ás organizacións de mulleres, verdadeiras coñecedoras e protagonistas esenciais de calquera política que pretenda ser eficaz.
A Lei contra a violencia, a chamada lei integral
Nós apostabamos, en coincidencia coas organizacións de mulleres, por unha lei onde se incluísen medidas políticas que abordasen todos os aspectos estructurais de discriminación e de violencia que aínda seguen sufrindo as mulleres, para conseguir unha sociedade con valores de equidade e igualdade, onde a violencia non teña cabida. Unha lei que abordase todo tipo de violencia de xénero dun xeito realmente integral. Esta lei, en cambio, centrouse basicamente na violencia chamada doméstica e na súa penalización. Isto demostrou desgraciadamente que non foi eficaz, aínda que agora se empeñen en centrar que o fracaso da lei se debe a súa aplicación (da que tamén é responsable en gran medida o goberno). O seu fracaso débese a que non recolle medidas transversais contra a violencia de xénero.
Cando nos atopamos cun problema estructural debemos buscar a súa solución indo a raíz dese problema. Se falamos de violencia de xénero estamos a falar de que debemos cambiar o sistema patriarcal, porque este sistema é o que provoca as desigualdades, trasmitindo a longo dos anos uns roles, uns valores que foron e siguen mantendo esa desigualdade na nosa sociedade. A educación debe de ser un dos piares se se quere facer algo máis que una declaración de intencións.
A Lei de igualdade
A chamada Lei de igualdade non tivo maior transcendencia na súa aplicación. Só un apartado da mesma é o que se exportou como transcendente: "a paridade". O que o PSOE chama paridade non é o que reivindican as mulleres. Perdéuse unha grande oportunidade de plasmar a súa promesa de investidura de "facilitar o acceso ás mulleres ó poder", xa que o traballo ímprobo de representación paritaria que as mulleres estaban realizando, plasmouse legalmente na súa mínima expresión, e os resultados das eleccións municipais demostran que a porcentaxe de mulleres, aínda que subiu en relación con 2003, quédase por debaixo da mínima establecida do 40% (segundo datos da FEMP sitúase entorno ao 36%).
O resto da lei, centra a igualdade case en exclusiva no ámbito laboral e, dentro deste, na conciliación e a maternidade, esquecendo o resto dos ámbitos.
Á marxe destes dúas leis, outra das súas grandes promesas de investidura do actual goberno, foi a erradicación da desigualdade das mulleres, o fomento do emprego establecer e a accesibilidade ao mesmo. Podemos afirmar no día de hoxe, polos datos que nos achegan organismos europeos e comprobando as estatísticas, que a taxa de desemprego feminino é unha das maiores de Europa, que a desigualdade salarial entre homes e mulleres en traballos iguais, segue sendo unha realidade, que a discriminación por razón de sexo ou polo estado civil das mulleres segue sendo un condicionamento para o acceso ao emprego e que os traballos máis precarios, son os que destinan as empresas para as mulleres.
Outro dos seus piares da igualdade, a conciliación entre a vida laboral e familiar, de momento é unha expectativa. Os homes seguen sen compartir equitativamente as cargas familiares e as tarefas domésticas. Porque para que isto ocorra, non é só necesario leis que o regulen, senón tamén, e moito máis importante, crear unha conciencia social de igualdade que transforme a cultura patriarcal e sexista que aínda existe.
Mais a avaliación das políticas do goberno ben se podería resumir nun titular: "Promesas SEN orzamento". Moitas promesas pero nula plasmación orzamentaria, seguimos sendo o 0,1% dos presupostos Xerais do Estado.
Hai que tomar una serie de medidas destinadas a unha transformación real da nosa sociedade, onde as mulleres sexamos cidadás con todos os dereitos. Porque senón atopámonos que a pesares da aprobación e posta en marcha da Lei de Igualdade e a Lei integral contra a Violencia, a sociedade e as diferentes institucións seguen a tolerar que unha muller gañe ata un 40% menos polo mesmo traballo e coa mesma cualificación ( en Galicia ata 30% menos); que sexa despedida por razón de sexo; que sexa explotada sexualmente ou utilizada como obxecto nos medios publicitarios e de comunicación;...,un sistema que segue a segregar os traballos por razón de sexo e trasmitindo a través da educación valores, esteriotipos e roles que manteñen a visión das mulleres como cidadás de segunda ou terceira categoría.

No hay comentarios:
Publicar un comentario